Colectivo Chilindrín
  • Crear nova conta •   •  Inicio •  Clasificación •  A túa conta •  Foro •  
   
Módulos
· Inicio
· A túa Conta
· Arquivo de Novas
· Enlaces Web
· Enquisas
· Enviar Nova
· Fala de Nos
· Foros
· Galeria
· Historia
· Opina
· P.U.F.
  
Búsqueda


  
Conta Gotas

¡Xa levamos 1,648,827 visitas!
¡Grazas a tod@s!

  
Historia
  

¿Quen Somos?

    O COLECTIVO CHILINDRÍN é a primeria peña oficial do Porto Celeiro-Viveiro F.S., equipo que xoga na División de prata de Fútbol Sala, encadrado no grupo C.


¿Que Facemos?

    O obxetivo fundamental da peña e animar ao equipo aló por onde vaia. Intentamos que cada partido que o Porto Celeiro Viveiro F.S. xoga no Pavillón Municipal de Viveiro se convirta nunha festa do fútbol sala, da que todos poidamos disfrutar, tentando encher de colorido as gradas e ao mesmo tempo animar sen parar.
    Acompañamos ao equipo aos desprazamentos máis cercanos a Viveiro, este ano fixémolo por exemplo a Ferrol, León e Burela, e en brebe farémola a A Coruña e Ourense.

Historia

    Comezamos a seguir o equipo aló polo ano 2002, cando iamos ver os partidos que xogaba o Porto Celeiro A Mariña F.S., que así se chamaba naquela época, ao Pavillón Municipal de Viveiro. Eramos un grupo de rapaces moi reducido; eu diria que non chegabamos nun principio a seis ou sete. Naquela época tiñamos unha razon de peso, ademáis do noso gusto polo fútbol sala. O noso compañeiro de pachangas e amigo, Vicente Pigueiras (eres nuestro lider) comezaba a xogar no equipo que xa dirixia Kiko Otero. Él, xunto con Gabriel "O Karchy", Pipe, e como non, Borja, foron das primeiras razóns polas cales animamos ao equipo e o comezamos a seguir con moita máis continuidade. A temporada non deu para moito máis.

    Na seguinte tempada, a 03-04, reforzou un pouco máis a peña coa chegada de novos xogadores e a continuidade dos que xa estaban. Foi a primeira tempada na cal fixemos desprazamentos. Fene, Ferrol e máis, por primeira vez ao derbi comarcal contra o Burela F.S. todos nós en coche. A peña contou coa primeira pancarta, coa tela en branco e as letras en negro(Pablo, os obxetos con historia non se tiran).

    O ano 04-05 foi o de consolidación do equipo en Viveiro e así mesmo da peña, a cal comezou a medrar no número de integrantes, a pesar de que o equipo seguía vagando pola zona media-baixa da táboa clasificatoria. Este ano comezamos a darlle xa colorido as gradas, realizamos viaxes a Fene, A Coruña e Burela. Fixemos as primeiras camisolas da peña, consolidando a cor azul e contando coa colaboración de varios comercios e empresas locais. A lona pasou a ser azul, con letras en branco, e unha estrela vermella, que por moito que algúns queiran identificar coas ideoloxías políticas, se puxo aí porque nos gustaba como quedaba.

    Esta tempada consolidouse o derbi da Mariña coma un dos eventos máis importantes da nosa comarca, con gran repercusión mediática, na cal a nosa peña foi a referencia do noso equipo. Papeis, rolos de papel hixiénico, pancartas...encheron a nosa grada durante a maioría dos partidos do noso equipo.

    E por fin chegamos á actualidade. A decisión de rexistrar a peña, foi moi sinxela de tomar, o crecemento rexistrado e as ganas de seguir animando e pasandoo ben co noso equipo e co fútbol sala. O equipo traspasou as barreiras do noso país: León foi o desprazamento máis longo realizado até o momento, xunto con Ferrol e Burela, e os previsibeis a A Coruña e Ourense, completarán os viaxes realizados esta tempada.


  

.:: Colectivo Chilindrín ::.
Páxina xerada en 0.52 segundos