Colectivo Chilindrín
  • Crear nova conta •   •  Inicio •  Clasificación •  A túa conta •  Foro •  
   
Módulos
· Inicio
· A túa Conta
· Arquivo de Novas
· Enlaces Web
· Enquisas
· Enviar Nova
· Fala de Nos
· Foros
· Galeria
· Historia
· Opina
· P.U.F.
  
Búsqueda


  
Conta Gotas

¡Xa levamos 90,666 visitas!
¡Grazas a tod@s!

  
¡Benvidos ó Colectivo Chilindrín!

Ola a tod@s e benvid@s a páxina web oficial da Asociación Xuvenil e Cultural "Colectivo Chilindrín" de Celeiro(Lugo). Asociación sen ánimo de lucro que pretende dinamizar social e culturalmente o pobo mariñeiro de Celeiro.
  

III FESTIVAL ARREAOCABO 08
O Colectivo Chilindrín de Celeiro, organiza por terceira vez, o festival ARREAOCABO 08, coma sempre no Parque de Lavandeiras de Celeiro(Lugo), o día 5 de Xullo a partir das 20 horas, este ano contaremos coa presenza dos grupos seguintes:

DEFCONDOS
KOMA
SKACHA
SKAMA LA REDA
RAIN IS ART
ANGER SECOND

Ademais, o festival disporá de servizo de barra, zona de acampada, zona de mercado e aseos.

Tendes toda a información sobre o festival na páxina web: www.myspace.com/festivalarreaocabo.

Enviado por admin o Sábado, 24 de mayo ás 19:05:12 (122 Lecturas)
(¿comentarios? | Puntuación 0)
   

I ENCONTRO CHILINDRÍN
O Colectivo Chilindrín organizou para o pasado venres 16 de Maio o I Encontro Chilindrín, cento sesenta e cinco mozas e mozos de Celeiro disfrutaron no Restaurante Louzao dunha xornada de encontro entre as distintas xeracións de moz@s do povo de Celeiro. Logo bailaron e rumbaron ao son da orquesta La Oca. Coa actuación estelar e desenfranda de dous artistas chilindríns, o Kone e o Kanu, graciñas pola vosa colaboración, agardamos que participedes en vindeiras edicións. Dende o Colectivo Chilindrín queremos agradecer a participación de todas e todos vós, nun encontro que intentaremos que se repita durante moitos anos máis. Agradecer a colaboración do Restaurante Louzao na celebración da festa.

Vencedores dos sorteos realizados:

XAMÓN-O Fasu
CEA PARA DÚAS PERSOAS-Felipe
NOITE NUNHA SUITE-Pepiño
Enviado por admin o Sábado, 24 de mayo ás 19:01:21 (131 Lecturas)
(¿comentarios? | Puntuación 0)
   

XORNADA DE CONVIVENCIA EN BURELA
As organizacións Palestina de Burela e o Colectivo Chilindrín de Celeiro celebrarán, coa colaboración dos concellos de Burela e Viveiro, a súa primeira xornada de convivencia que terá lugar este sábado, 3 de Maio.

A xornada comezará ás 12 da mañá na localidade veciña de Burela, cun partido de fútbol sala que enfrentará a equipos formados polas dúas asociación xunto a rapaces e rapazas da Fundación de Discapacitados Psíquicos da Mariña e das asociacións Camiña e Aspanane, de Burela e Viveiro respectivamente. Posteriormente, terá lugar unha comida nalgún restaurante de esta localidade mariñana.
Enviado por admin o Sábado, 24 de mayo ás 17:11:10 (110 Lecturas)
(¿comentarios? | Puntuación 0)
   

VIVEIRO ACOLLE A COPA DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS DE FÚTBOL SAL
seleccion A partir de mañá mercores, Viveiro acolle, a Copa de España de Seleccións Sub-18, un evento que trae a Viveiro a un milleiro de persoas, 16 seleccions de todo Estado Español, entre as cales está a selección galega, con tres xogadores do Porto Celeiro-Viveiro F.S.,que disputa os seus partidos da primeira fase as sete da tarde, mércores, xoves e venres, para a cal dende o Colectivo Chilindrín solicitamos o apoio de toda a afección local, e de todo o país, adiante coa selección galega!!!!
Enviado por admin o Martes, 20 de marzo ás 10:45:22 (200 Lecturas)
(¿comentarios? | Puntuación 0)
   

POR FIN CHEGOU UN TRIUNFO NA CASA
Novas do equipo Porto Celeiro-Viveiro F.S. 9 - Coinasa Coruña 4
Goles: 1-0, min. 5 (Bruno), 1-1 min. 15 (Luis Gómez); 2-1, min. 14 (Christian); 3-1 min. 16 (Christian); 4-1, min. 19 (Lois); 4-2, min. 27 (Jacobo); 5-2, min.31 (Leo); 6-2, min. 32 (Lois); 6-3, min. 35 (Cupim); 7-3, min. 37 (Leo); 7-4, min. 37 (Jacobo); 8-4, min. 38 (Víctor Méndez); 9-4, min. 39 (Christian).

O Porto Celeiro logrou vencer na casa e romper así o mal momento de resultados, que non de xogo, polo que atravesaba últimamente. A víctima foi o Cesuras Loureiro de A Coruña, un equipo feito a base de talonario coa idea de estar nos primeiros postos. O problema é que os cheques se foron esvaecendo e con varias mensualidades adeudadas os xogadores bastante fan con acudir aos partidos.
Enviado por admin o Domingo, 04 de marzo ás 20:40:44 (307 Lecturas)
(Ler máis... | 1993 bytes máis | 63 cometarios | Puntuación 0)
   

Login
Alias

Clave

Código de Seguridade: Código de Seguridade
Escriba o Código de Seguridade

¿Aínda non ten unha conta? Pode crear unha. Como usuario rexistrado terá ventaxas como selecciona-la apariencia da páxina, configura-los comentarios e envia-los comentarios co seu nome.
  
Opina
¿asistirás ao festival arreaocabo??

si, pareceme un festival mortífero
non sei, igual paso de chambonadas
non, pareceme supercutrequetecagas



Resultados
Votacións

votos 9
  
Publicidade


  

.:: Colectivo Chilindrín ::.
Páxina xerada en 3.34 segundos